Portátil de Acer con touchpad extraíble

venres, 17 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O novo portátil Acer Aspire Ethos chegará ao mercado cun procesador Intel Core i5/i7, gráfica nVIDIA GeForece GT555M, entre 500 Gb e 1,5 Tb de disco duro, pantalla de 15,6 ou 18,4 polgadas (esta última Full HD) con tecnoloxía anti-rabuñaduras Corning Gorilla glass, saída HDMI, son Dolby 5.1, webcam de 1,3 Mpíxeles, lector de pegadas dixitais e un rechamante touchpad de grande tamaño que pode extraerse do corpo do equipo para utilizalo como mando a distancia, facilitando o control dunha presentación ou da reprodución multimedia cando temos o portátil conectado a un televisor ou proxector.
O equipo tamén conta cun botón InstantOn Arcade, que permite que o Aspire Ethos faga un inicio rápido para permitir a reprodución de películas e música e a visualización de fotografías sen ter que iniciar completamente o PC.
Como referencia de configuración do Aspire Ethos podemos tomar o modelo AS5943G-724G64Mn, que con procesador Intel Core i7 de 4 núcleos a 1,6 GHz, 4 Gb de RAM, 500 Gb de disco duro, gráfica ATI Radeon HD con 1 Gb de memoria de vídeo, pantalla de 15,6 polgadas, Wi-Fi N, Gigabit Ethernet, Bluetooth, webcam, batería de 6.000 mAh (o que achegaría unha autonomía de ata 3,4 horas) e sistema operativo Windows 7 Home Premium está xa á venda por 1.199 euros.

O Acer Aspire Ethos destaca polo seu touchpad extraíble

PUBLICIDADE