Portátil de Samsung de grande potencia gráfica e pantalla 3D

mércores, 27 de abril do 2011 Marcus Fernández

Para satisfacer aos xogadores de PC máis esixentes, o 2 de maio comezará a venderse en Corea por 2,6 millóns de wons (1.643 euros) o novo portátil Samsung RF712, que contará cun procesador Intel de 4 núcleos, unha gráfica AMD HD6650M con 2 Gb de memoria, 750 Gb de disco duro, unidade de Blu-ray, USB 3.0 e, especialmente, unha pantalla Full HD de 17,3 polgadas con soporte de 3D con lentes (que sincronizaranse a través de Bluetooth en vez do habitual sensor de infravermellos que teñen outras solucións) e o dobre de luminosidade dun monitor LCD medio.


O novo portátil de Samsung visto en vídeo

O novo portátil facilitará a visualización de contidos en 3D

PUBLICIDADE