Preguntados consegue ser líder en descargas en España

xoves, 29 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

Etermax, a empresa creadora de Apalabrados, está estes días a inchar peito grazas ao último informe de App Annie sobre as descargas de aplicacións durante o mes de decembro destacando que o xogo Preguntados, con máis de 125 millóns de usuarios e 800.000 descargas diarias, logrou un grande éxito na súa versión española e incluso conseguiu manterse en posición líder na App Store durante máis de 60 días. Incluso Google elixiu o xogo como caso de estudo na súa plataforma Google Insight.
Preguntados pode descargarse de balde para iOS, para Android e para Windows Phone, e vén a ser un sinxelo e divertido xogo de preguntas de distintas categorías (Xeografía, Historia, Arte, Ciencia, Entretemento e Deporte) que propón enfrontar a dous xogadores para ver quen consegue antes xuntar aos 6 personaxes correspondentes a cada categoría de preguntas, e que debe o seu éxito á súa compoñente social e á súa aposta polos contidos locais (ofrece preguntas de calidade que conectan cos usuarios de cada país). Enténdese así que o xogo conseguise superar tanto na App Store como en Google Play a xogos como Candy Crush Saga, Clash of Clans, FIFA 15 e Crossy Road. Durante este mes de xaneiro é cando Preguntados celebra terse convertido no xogo máis descargado en España, posición que xa conseguiu anteriormente noutros 24 países.

Preguntados conseguiu en xaneiro converterse no xogo móbil máis descargado en España


Trailer de Preguntados

PUBLICIDADE