Preparan dispositivos con soporte Slideshow a prezos competitivos
luns, 18 de xuño do 2007
- MK140 eChatter
Windows
Vista incorpora a tecnoloxía Slideshow,
que permite o uso de pantallas externas nas que reproducir mini-aplicacións,
podería dar lugar a toda unha gama de accesorios para o ordenador que prometen
un prezo competitivo. Así, Ricavision
pretende vender o seu MK140 Fridge Magnet a
uns 80 dólares e o seu MK140 eChatter por uns 150 dólares, o que serían un
prezos atractivos para popularizar os dispositivos deste tipo.
- Mk140 imán de neveira
O MK140 Fridge Magnet é unha especie de caderno de notas electrónico que mesmo se pode adherir ó frigorífico, recoñecendo a escritura do usuario na súa pantalla de 3,5 polgadas e podendo comunicarse sen fíos cos ordenadores con Windows Vista, mentres que o MK140 eChatter é un dispositivo aínda máis impresionante, pois conta cunha pantalla de 5 polgadas, un teclado QWERTY deslizante e tecnoloxía sen fíos que permite empregalo tanto para escribir correos electrónicos como para usar mensaxería instantánea. Este último tamén se podería empregar para comunicacións de voz.