Preparan un GPS para a Nintendo DS
luns, 27 de abril do 2009
A consola
portátil de Sony, a PSP, conta dende hai meses cun accesorio que a dota de GPS,
e a empresa chinesa Fab Chain non quere que a Nintendo DS sexa menos, e prepara
o Ranger,
un conxunto de hardware e software (baseado en Google Maps) que podemos
conectar ao porto para cartuchos de Game Boy Advance (por tanto, incompatible
coa nova Nintendo DSi, que carece do mesmo) para recibir a nosa posición no
mapa por satélite.
O trebello está
baseado nun receptor U-Blox GPS (que tamén pode conectarse a
ordenadores portátiles e PDA), conta con batería propia (para non reducir a
autonomía da Nintendo DS) e aínda non se coñecen os detalles como a data de
lanzamento e o seu prezo, pero resulta interesante que algúns fabricantes
pensen na Nintendo DS (a consola portátil máis vendida do mundo) para lanzar
novos accesorios.