Preparan un módulo para converter o Moto Z nun walkie-talkie
venres, 17 de febreiro do 2017
AÃnda que os smartphones modulares non están a ter boa
acollida e a meirande parte dos conceptos de móbil deste tipo están a
desbotarse antes de ver a luz por considerar que non atenden a unha demanda
real do público si hai algún terminal que conseguiu ver a luz, como o
Moto Z, para o que Fantom Dynamics quere facer realidade o Linc Smart Walkie-Talkie MotoMod, ou
sexa, un módulo que permite transformar o smartphone nun walkie-talkie, facilitando as comunicacións durante emerxencias ou
en lugares afastados onde a cobertura de telefonÃa móbil é mala ou incluso
inexistente.
Este accesorio presume de converter o Moto Z no primeiro walkie-talkie que pode considerarse smart e que inclúe mensaxes de texto, función para compartir a
posición GPS, selector de canles e outras funcións, buscando
actualmente financiamento a través de Indiegogo, plataforma de
micromecenado a través da que buscan xuntar 12.000 dólares. A achega máis baixa
para poder recibir un Linc Smart Walkie Talkie serÃa de 159 dólares aos que
haberÃa que sumar 70 dólares de gastos de envÃo (ou sexa, uns 216 euros) e os
mecenas poderÃan conseguir o produto final a partires do vindeiro mes de
decembro.
O Linc Smart Walkie Talkie ten unha cobertura de 5-6 millas (uns nove
quilómetros e medio), permite establecer comunicacións 1 a 1 ou de 1 para
varios tanto de voz como de texto, funciona nas bandas VHF e UHF, permite
lanzar sinais de socorro e a súa baterÃa de 1.500 mAh achegarÃa unha autonomÃa
de até 20 horas en espera. Temos asà un produto que pode resultar interesante
para os amantes das aventuras, que queiran gozar dun sistema de comunicación
avanzado, que poderá xestionarse a través dunha aplicación instalada no Moto Z,
sendo a súa principal eiva a súa dependencia dun modelo concreto de smartphone
(non precisamente popular).
VÃdeo promocional da campaña de micromecenado do Linc Smart Walkie-Talkie MotoMod