Preparan unha baterÃa de móbil que pode cargarse en só 10 minutos
martes, 4 de outubro do 2011
AÃnda que os smartphones continúen a súa carreira
pola velocidade dos seus procesadores e os tamaños e resolucións das súas
pantallas, o seu elemento crÃtico continúa a ser a súa autonomÃa, de xeito que
os avances neste ámbito tenden a ser moi ben recibidos, sorprendendo a última
innovación do operador nipón NTT DoCoMo, que amosou
un prototipo de baterÃa que poderÃa cargarse por completo en só 10 minutos.
Esta baterÃa polo momento conéctase externamente a un móbil Android de NEC, e
emprégase en combinación cun cargador de corrente que entrega entre 0,55 e 5,86
amperios, o que permite esta carga a ultra-rápida
que moitos desexarÃamos nos nosos móbiles, e que poderÃa ser unha realidade no
futuro.
Aparte da comodidade dun uso habitual de terminais móbiles, a posibilidade de
cargas en 10 minutos tamén poderÃa ter un grande atractivo de cara a puntos de
carga públicos en aeroportos, estacións de autobús/tren... de xeito que quedar
sen carga no móbil terÃa unha rápida solución.
- A baterÃa poderÃa cargarse por completo en só 10 minutos
O prototipo de NTT DoCoMo visto en vivo