Presentan no CeBIT o lector de e-books Asus DR-900
martes, 2 de marzo do 2010
O CeBIT serviu de
marco para presentar un posible competidor o Kindle DX, o
Asus DR-900, un lector de libros electrónicos baseado en E Ink que
conta cunha pantalla de 9 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles,
W-Fi, 3G (opcional), 2 Gcb de memoria integranda ampliable mediante tarxetas SD
e unha autonomía que garante a lectura dunhas 10.000 páxinas cunha única carga.
Aínda non anunciaron a súa data de lanzamento nin o seu prezo, e podería ser un
produto interesante para os consumidores que non queiran atarse a unha tenda de
e-books en concreto.