Presentan oficialmente o Nokia N86
martes, 17 de febreiro do 2009
- O Nokia N86 incorpora unha cámara de 8 Mpíxeles con óptica Carl Zeiss
O Nokia N86 chega
para engrosar a gama media-alta do fabricante finlandés pese a que teña moitas
semellanzas co N95 (que marcaba o tope de
gama hai un par de anos) co seu dobre teclado deslizante (non QWERTY). O
novo terminal inclúe unha cámara de 8 Mpíxeles, pantalla OLED de 2,6 polgadas
cunha resolución de 320 x 240 píxeles, 8 Gb de memoria interna ampliable con
tarxetas microSD, radio FM, conector para auriculares estándar (de 3,5
milímetros), Bluetooth, Wi-Fi, A-GPS, HSDPA de ata 3,6 Mbps de descarga, saída
de televisión, unhas medidas de 103,4 x 51,4 x 16,5-18,5 milímetros e un peso
de 149 gramos.
Permite unha boa reprodución musical, soportando tamén vídeos en formato MP4 e
3GP e con codificacións H.263 e H.264. Tamén integra OVI e agárdase
a súa chegada ao mercado no segundo trimestre do ano por 375 euros
(sen impostos nin subvencións).
- Para facilitar a reprodución de vídeos, o móbil integran un soporte para poder colocalo sobre o escritorio