Presentan un xerador de emerxencia que pode cargarse con enerxÃa solar
luns, 7 de xaneiro do 2013
Goal Zero presentou onte un xerador solar portátil, o Yeti
150, que cun peso de menos de cinco quilos e medio pode resultar ideal para
emerxencias ou para ir de excursión. O Goal
Zero Yeti 150 integra unha baterÃa de 150 W/h que inclúe tomas de corrente
alterna, de corrente continua a 12 voltios e portos USB, de xeito que pode
servir para cargar ou operar dende os nosos dispositivos de electrónica de
consumo ata calquera outro produto que funcione con corrente eléctrica que non
precise dunha potencia excesiva, co grande vantaxe de que pode cargarse
completamente en 15 horas cun panel solar incluÃdo nun lote que van pór á venda
por 399,95 dólares (306,70 euros).
Cómpre destacar que estamos ante unha solución portátil para usos puntuais,
pois para casos máis crÃticos o mesmo fabricante xa presentou hai uns meses o Yeti
1250, que seguindo a mesma filosofÃa multiplica por 8 a súa autonomÃa (quintuplicando o seu prezo),
podendo empregarse incluso para manter activo un frigorÃfico durante unha caÃda
do fluÃdo eléctrico, coas vantaxes propias desta tecnoloxÃa, que van dende a sustentabilidade
que achegan polo uso dunha fonte de enerxÃa renovable ata a comodidade (sen
ruÃdo) e seguridade (sen fumes nin combustión) que poden supor outros xeradores
de emerxencia.