Presentan unha impresora que non usa tóner nin tinta

martes, 9 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

A compañía nipona Sanwa Newtec desenvolveu unha impresora que traballa sen tóner, sen tinta e sen papel ordinario, de xeito que estariamos entre un produto que a longo prazo podería ser económico e ecolóxico. A ThePrePeat RP-3100 sería unha impresora con cabezal térmico que funcionaría cun papel especial feito de plástico PET, que podería reutilizarse un milleiro de veces, e que custarían uns 300 iens (2,42 euros) cada unha.
Pero esta tecnoloxía termoplástica ten un par de eivas importantes, coma o feito de que polo momento só funcione en branco e negro, e que os seus custos iniciais son elevadísimos, pois cada impresora custaría uns 500.000 iens (4.035 euros).


Vídeo no que amosan o funcionamento das impresoras PrePeat de Sanwa Newtec

PUBLICIDADE