Presentan unhas lentes de realidade aumentada que chegarán ao mercado a prezos asumibles
martes, 11 de agosto do 2020
A realidade aumentada está a ter moi complicado o chegar ao
mercado de consumo, e mentres as HoloLens de Microsoft parecen limitadas a
solucións profesionais e as prometedoras Magic Leap reducen as súas expectativas
e tamén pivotan cara a mercados profesionais, dende a chinesa Nreal non tiran a
toalla, e tras anunciar
o ano pasado as lentes Nreal Light MR, que prometÃan realidade mixta nun
produto lixeiro e compacto, moi afastado dos voluminosos cascos da competencia,
amosan finalmente
a súa versión para o mercado de consumo, que sairán á venda este mesmo mes
en Corea do Sur.
Esta
solución de realidade aumentada chegará ás tendas o 21 de agosto, e
venderase como produto autónomo a un prezo de 699.000 wons (501 euros), aÃnda
que de adquirir as lentes cun smartphone Samsung Galaxy Note20 ou LG Velvet cun
plan de datos 5G o prezo quedarÃa en 349.500 wons (251 euros), converténdose nun
produto moi asumible para estarmos a falar dunha tecnoloxÃa tan avanzada.
As Nreal Light teñen unha aparencia semellante a unhas lentes de sol, e analizan
o contorno do usuario para proxectar imaxes sobre o mesmo dando unha impresión
de integración, o que permitirÃa ver vÃdeos, xogar, consultar páxinas web e
gozar de redes sociais en pantallas virtuais. As lentes tamén inclúen unha
cuberta de cor escura para tapar a realidade e que asà as lentes teña un
comportamento semellante ao dun casco de realidade virtual, aÃnda que máis
limitado, xa que o campo de visión serÃa de só 52 graos.
O feito de que as lentes de Nreal poidan integrar aplicacións de Android no
contorno virtual fai que este produto teña utilidade dende o primeiro momento,
empregándose inicialmente o smartphone como sistema de control (como se fose un
trackpad) aÃnda que no futuro poderÃa ser posible o control mediante o
seguimento das mans ou empregando mandos como os dos cascos de realidade
virtual.
AÃnda que polo momento estamos a falar dun produto limitado ao mercado
surcoreano, é posible que saia á venda en Europa antes do remate do ano.