Prevese unha caída no gasto en móbiles en España

luns, 28 de setembro do 2020 Marcus Fernández

A maioría dos consultados recoñecen que tardarán máis en mudar de móbil e investirán menos cartos nos dispositivos

A relación da tecnoloxía coa pandemia pode parecer paradoxal, xa que o confinamento provocou unha grande demanda de produtos como ordenadores persoais, impresoras, webcams... dos que aínda non se normalizou o subministro a nivel global, cando estamos nun tempo de incerteza económica que debería provocar unha caída de vendas e, en moitos casos está así, de xeito que temos un tirapuxa entre a adquisición de produtos para permitir o teletraballo e a educación a distancia á vez que boa parte dos consumidores retrasan as súas compras tecnolóxicas ou reducen as súas pretensións de gasto ante un futuro incerto.
Unha enquisa realiza da por Counterpoint Research desvela precisamente que en España a situación de pandemia está a levar a que os consumidores sexan máis prudentes e o 60% dos consultados recoñecen que o seu vindeiro smartphone será máis económico, á vez que tamén recoñecen que agardarán máis para actualizar o seu teléfono.
Counterpoint tamén incide no feito de que Apple, Samsung, Huawei e Xiaomi son as marcas de referencia en España, e que os factores máis importantes á hora de mercar un smartphone son a batería, o prezo e o almacenamento interno, mentres que detalles como o país de fabricación do dispositivo carecen de importante para a meirande parte dos consumidores.

PUBLICIDADE