Primux acompaña a volta ao cole cun novo portátil con Minecraft incluído
mércores, 12 de setembro do 2018
O
fabricante galego Primux encara a recta final do verán con novidades
a ter en conta. Trátase do lanzamento do seu novo portátil ioxbook
1402MC, que vén a acompañado de Minecraft, o lendario
xogo de aventuras e construción lanzando aló polo 2009 e renovado
cada pouco con novas funcións e posibilidades (mapas ampliados,
minixogos, irrupción en todo tipo de dispositivos, unha comunidade
en constante proceso de medre). Segundo
informa Primux, a combinación entre o devandito portal e mailo xogo
é unha maneira inmellorábel de volver ao colexio.
Segundo
puidemos saber, o computador portátil ioxbook 1402MC conta cunha
memoria interna de 32 GB que poderemos ampliar mediante un disco SSD
M2 2242. “Isto”, sinala Primux, “achegaranos diversión
asegurada con todas as opcións que nos ofrece Minecraft de
maneira rápida e eficiente ou traballar en todo tipo de procesos sen
preocuparnos por nada”. E de precisarmos máis almacenamento,
poderemos aumentalo até os 128 GB cun cartón microSD.
E
afondando nas características técnicas e físicas do portátil,
lembrar que pesa só 1,27 quilogramos e ten unicamente 18,2
milímetros de grosor, acubillando unha pantalla de 14,1 polgadas de
resolución 1366×768.
Primux
tamén salienta as características do bisel da pantalla (moi
estreito, para reducir o tamaño da carcasa sen prescindir das
comodidades dunha gran pantalla) e do seu propio miolo interno: conta
con grao A+, o que se traduciu nunha política estrita sen píxeles
mortos durante os controis de calidade.
Como
o resto dos dispositivos portátiles de Primux, vén co sistema
operativo Windows 10. Por outra banda, ten unha memoria RAM de 4 GB
DDR3L e acubilla un procesador Intel Celeron N3350 Dual Core de até
2,4 Ghz. Amais, goza dunha batería que traballa até 10 horas sen
necesidade de enchufes ou fíos.