Primux presentará o seu novo smartphone insignia en Valencia
luns, 26 de maio do 2014
A compañía ourensá Primux vai acudir esta semana á feira valenciana de electrónica de consumo Melco Business Club, á que levará os seus últimos smartphones, dos que fomos dando conta nas pasadas semanas, é as que únese o Primux Sigma, un terminal con pantalla IPS de 5 polgadas, procesador de catro núcleos, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, cámaras de 13 e 2 Mpíxeles, GPS, NFC, dobre SIM, batería de 2.300 mAh e 145 gramos de peso, qe busca ser o novo dispositivo insignia da marca, funcionando con Android 4.4 e incluíndo coa súa compra tanto protector de pantalla e carcasa con flip-cover como unha batería secundaria.
Melco é un encontro dedicado á distribución da electrónica de consumo no que
expositores e compradores danse á man para un achegamento persoal entre ambas
partes para xerar oportunidades de negocio e contactos de calidade.
Vídeo promocional de Melco 2014