Prince of Persia estrea trailer

xoves, 9 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O novo xogo de Prince of Persia, que promete insuflar vida na franquicia que se está a preparar para unha adaptación cinematográfica en fase de produción, chegará a finais do presente ano ou a comezos do que vén (pois aínda que está previsto o seu lanzamento para decembro circulan rumores de que podería demorarse ao mes de xaneiro) e os seus responsables decidiron impresionar ao público durante o Tokyo Game Show presentando un trailer que se achega máis a un vídeo musical, elixindo unha música moi calma para acompañar as escenas máis fermosas que se poden ver neste título no que o Príncipe estará acompañado por Elika na súa loita contra o mal.
Da nova entrega se pode falar do seu motor gráfico, da súa estética que presenta modelos tridimensionais coma se fosen debuxos, da espectacularidade dos seus movemento, pero o mellor e ver o seu novo trailer para contemplar uns minutos de puro arte dixital:

Trailer de Prince of Persia acompañado pola canción Breath Me de Sia

PUBLICIDADE