Proban o uso de xestos no Firefox

xoves, 23 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os novos portátiles de Apple incorporan a posibilidade de utilizar xestos no seu trackpad, e pensando niso están a adaptar o navegador da Fundación Mozilla, existindo xa unha versión experimental coñecida coma Firefox 3.1 pre-Beta 2 que conta coas típicas melloras de novas versións do navegador (como incrementar a compatibilidade cos estándares web) e permite utilizar os seguintes xestos:
- 3 dedos á esquerda: ir á páxina anterior
- 3 dedos á dereita: ir á páxina seguinte
- 3 dedos cara arriba: volver ao comezo da páxina
- 3 dedos cara abaixo: ir ao final da páxina
- achegar 2 dedos: ampliar o tamaño da páxina
- afastar 2 dedos: reducir o tamaño da páxina
- 2 dedos xirando aos lados: desprazarse entre as distintas pestanas abertas
O bo funcionamento destes atallos dá a entender que se incorporarán definitivamente á vindeira versión oficial do Firefox, o que sería tamén unha mellora na súa integración en Mac OS X.

PUBLICIDADE