Prosegue con Metrópolis o ciclo de cinema sobre IA de Afundación
venres, 9 de decembro do 2022
Metrópolis
é a nova proposta dentro do ciclo de cinema sobre Intelixencia
Artificial
que programou Afundación, a Obra Social de Abanca,
no marco da mostra internacional interactiva AI:
More than Human.
Trátase
dun
proxecto expositivo, que chega por primeira vez a España e faino
coa flamante elección de A Coruña como Sede da Axencia Española
de
Supervisión
da
Intelixencia Artificial. O ciclo, composto por dez películas que
expoñen a relación dos seres humanos con
estas tecnoloxías,
poderá visitarse na sede
de
Afundación ata o vindeiro 5 de febreiro.
A seguinte proxección
será o vindeiro luns 12 de decembro ás 19.00 h. Metrópolis (Lang,
1927),
obra mestra do cinema e película capital do expresionismo alemán,
trátase dunha visión apocalíptica da sociedade do futuro,
ambientada no ano 2000. Na megalópole de Metrópolis
a sociedade divídese en dúas clases: os ricos que teñen o poder e
os medios de produción, rodeados de luxos; e os obreiros, condenados
a vivir en condicións dramáticas recluídos nun gueto subterráneo.
Este ciclo enmárcase
no programa Cultura
por alimentos,
unha iniciativa da Obra Social de Abanca
en favor de FESBAL. Así, o acceso a cada unha das sesións será a
cambio da entrega dalgún alimento non perecedoiro que irá destinado
ao banco de alimentos local. Para asistir, é necesario realizar unha
reserva previa na web Ataquilla.com,
e está toda a información sobre a actividade na
web de Afundación.