Protector contra o sol para portátiles
mércores, 18 de marzo do 2009
Os ordenadores portátiles
reforzados e pensados para o seu uso
en contornos agresivos e baixo a luz do sol son produtos de elevado prezo que
en poucas ocasións van ser utilizados por un fotógrafo profesional, polo que a
través da Internet venden unha imaxinativa solución para utilizar un portátil
ordinario en exteriores, pensando especialmente no seu uso para fotógrafos: o Pixel
Sunscreen 2.0.
Este dispositivo serÃa un protector contra o sol, que pode lembrar no seu
concepto a unha tenda de campaña, e que por 69
dólares (53,13 euros) permite illar ao usuario e á pantalla do ordenador da
luz ambiental, aÃnda que para o seu uso é preciso superar o pudor de facer o
ridÃculo metendo a cabeza nunha especie de cápsula protectora.
O Pixel Sunscreen 2.0 de Think Tank Photo goza dunha alta portabilidade (pode
transportarse de xeito doado), permite usar o portátil baixo a luz directa do
sol, ten reforzos para poder utilizalo baixo fortes rachas de vento, está feito
de material anti-deslizante e o seu deseño contempla dende aperturas para os
cables ata petos para gardar accesorios.
O peso desta solución orixinal é de pouco máis de medio quilo, e as súas
dimensións encartada é de 35,5 x 2,5 centÃmetros, e montada serÃa de 37 x 56 x
49,5 centÃmetros, servindo para acoller equipos informáticos portátiles con
pantallas de entre 12 e 17 polgadas.