Prototype, a violencia de ser un mozo con superpoderes

venres, 9 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

A cantidade de sangue que amosa o xogo deixa claro que se trata dun título dirixido a un público adulto

Radical e Activision están a traballar nun xogo chamado Prototype para PC, Xbox 360 e PS3, que podería comezar a venderse no verán (estaba previsto o seu lanzamento para mediados de setembro), de aí que xa aproveitasen a celebración do CES para promocionar o produto do que pouco se sabía.
O xogo permite que o usuario tome o control dun amnésico Alex Mercer que resulta ter superpoderes, de xeito que emprende unha violenta aventura na que combina destrución, parkour e espectaculares habilidades (coma converter os brazos en coitelas) co obxecto de recuperar a súa memoria, aínda que o argumento parece que será o de menos, neste título que atrae pola súa aparencia visual.

Os poderes de Alex Mercer son unha desculpa ideal para facer uso de impresionantes efectos especiais


Prototype presenta unha cidade aberta na que realizar distintas misións, podendo definir a este título como unha mestura de xogos coma Crackdown, Spider-Man ou Grand Theft Auto, ou iso podemos entender ao ver as imaxe que se publican do mesmo, así coma o seu novo trailer:

PUBLICIDADE