Proxector 3D para espazos reducidos
luns, 15 de novembro do 2010
AÃnda que no
achegamento actual das 3D aos salóns domésticos a meirande parte dos
fabricantes están a optar por televisores LCD/LED ou de plasma, os proxectores
de vÃdeo tamén serven para unha experiencia estereoscópica, para o que Optoma
comercializa o seu EX610ST, que é un proxector pensado para espazos
reducidos que permite proxectar unha imaxe de 60 polgadas a unha distancia de
só 77 centÃmetros (funciona axeitadamente a unha distancia de entre 0,5 e 2,5
metros), cunha luminosidade de 3.000 ANSI lúmenes, un contraste de 3.000:1, un
refresco de 120 Hz, tomas HDMI, VGA, euroconector, compoñentes, S-Video, RCA,
mini-jack de 3,5 mm e USB e altofalantes de 10 W de potencia, que chega
ao noso mercado a un prezo de 880 euros.
O Optoma EX610ST utiliza tecnoloxÃa DLP, ten unha resolución nativa de 1.280 x
800 pÃxeles (con proporcións de 16:10), soporta vÃdeo ata a 1.600 x 1.200
pÃxeles, mide 30,6 x 24,3 x 11,3 milÃmetros, pesa 3,1 quilogramos, é compatible
con imaxes de 16:9 e 4:3 e a súa lámpada ten unha vida de entre 3.000 e 4.000
horas.
- O proxector Optoma EX610ST conta cunha boa conectividade