Publican a listaxe de Xogos con Gold de abril

martes, 31 de marzo do 2020 Marcus Fernández

Mentres que Sony terá en abril unha das mellores seleccións de xogos de PlayStation Plus, Microsoft non parece querer facer un esforzo tan grande, e presenta unha selección máis modesta nos Xogos con Gold de abril, que destaca pola súa variedade, pero no por incluír grandes éxitos como na selección para PS4.
Os Xogos con Gold de abril para Xbox One comezarán con todo un referente na condución como é o Project CARS 2, que permítenos pórnos ao volante de máis de 180 coches de marcas de elite en numerosos modos de competición e en multitude de contornos; a este xogo seguirao Knights of Pen and Paper Bundle, un lote de dous xogos de rol independentes que optan polo pixel art para compensar as súas limitacións gráficas, pero que probablemente sexan moi do agrado de usuarios que gusten dos xogos de rol de mesa.
Os xogos de Xbox 360 retrocompatibles con Xbox One de abril serán Fable Anniversary, unha remasterización do Fable orixinal, que fora o xogo de rol máis vendido para a Xbox orixinal; e Toybox Turbos, un xogo de carreiras de mesa con 35 vehículos, 18 circuítos e posibilidades de xogar en individual ou multixogador (local, en liña ou combinado).

PUBLICIDADE