Publican accidentalmente numerosos detalles do LG G4
luns, 13 de abril do 2015
LG ten programada a presentación do LG G4 para o vindeiro 28
de abril, pero accidentalmente
publicaron a páxina web coreana do seu novo móbil insignia, o que fixo que
se lles estragase a sorpresa, e agora poidamos saber como será este prometedor
terminal que pese a semellarse ao LG G3, inclúe suficientes melloras como para
ser un teléfono a ter moi en conta.
Para comezar o LG G4 terÃa unha pantalla IPS de 5,5 polgadas cunha resolución
de 2.560 x 1.440 pÃxeles bautizada como Quantum
Display, que promete unha grande calidade de imaxe; A cámara traseira de 13
MpÃxeles destacarÃa pola súa apertura f/1.8, dobre flash, enfoque láser e
estabilización óptica de imaxe; a cámara frontal serÃa de 8 MpÃxeles, as
fotografÃas capturadas polas cámaras poderÃan almacenarse en JPEG ou en RAW; o
procesador equipado serÃa un Qualcomm Snapdrago de 4 núcleos a 2,5 GHz con 2/3
GB de RAM e 16/32 GB de almacenamento interno, 4G, Bluetooth 4.0, NFC, microUSB
2.0, HDMI SlimPort e baterÃa de 3.000 mAh.
Un dos detalles máis salientables deste smartphone é que a súa pantalla parece
lixeiramente curvada, e a parte traseira ofrécese en plástico de varias cores
ou en pel (tamén en varias tonalidades cromáticas). Un terminal que combina asÃ
prestacións punteiras cun acabado elegante, confirmando a posición de LG como
un fabricante con terminais de lata gama a ter en conta.
- O LG G4 estarÃa dispoñible en varias cores