Publican o código fonte do sistema operativo orixinal do Apple II

mércores, 13 de novembro do 2013 Marcus Fernández

O Museo da Historia da Informática de Mountain View (California) vén de publicar na súa páxina web unha versión dixitalizada dun documento moi representativo: o código fonte do sistema operativo orixinal do Apple II de 1978, que foi o primeiro ordenador en integrar unha unidade de discos flexibles de serie.
Este código informático histórico escribiuse en só 7 semanas por Paul Laughton, a quen pagaron 13.000 dólares polo seu traballo (e que foi que cedeu os documentos orixinais ao Museo, xunto con outra documentación relativa a este desenvolvemento), e como resultado conseguiuse un software a medio camiño entre un sistema de administración de ficheiros e un sistema operativo actual, permitindo ás aplicacións un método sinxelo para acceder a ficheiros de disco a través de instrucións en BASIC. Aínda que este código fonte pertence aínda a Apple, parece que dende a compañía autorizaron á súa reprodución polo Museo.

Steve Wozniak posando xunto a un Apple II no Museo da Historia da Informática nunha fotografía tomada por Robert Scoble</A>

PUBLICIDADE