PuntoGal reúnese co resto de dominios culturais e territoriais en Barcelona
xoves, 8 de xuño do 2023
Representantes dos dominios lingüísticos, culturais e territoriais
ibéricos mantiveron unha xuntanza ao longo do día para poñer en común os seus
plans de futuro, accións comerciais para este ano e previsións de evolución do
mercado e da Rede.
Os catro dominios participantes son ao mesmo tempo membros do grupo dos
GeoTLDs, que congregan os dominios de raíz xeográfica, lingüística e cultural,
e entre os que se atopan .scot (Escocia), .london (Londres) ou .bzh (Bretaña)
entre outros e no que se levan a cabo acción común de comunicación co público
ou cos órganos de gobernanza da Rede, como ICANN.
Por parte dos rexistradores, as empresas autorizadas para a venda de
dominios ao público, estiveron presentes os máis relevantes do mercado, até un
total de trinta asistentes.
Previsións de futuro
A xornada abriuse cunha conversa entre Josep Maria Ganyet e Marc Argemí,
moderada por Albert Cuesta, na que se analizou o impacto da intelixencia
artificial na navegación na rede e a súa influencia no mercado dos dominios,
así como a súa relevancia para a seguridade e a identidade en internet.
Josep María Ganyet e enxeñeiro informático, empresario e profesor
universitario. Acaba de publicar La democràcia mor al núvol, que alerta
sobre os perigos da espionaxe e a ameaza que
representa para as liberdades individuais.
Marc Argemí doutorouse en
xornalismo cunha tese sobre a credibilidade dos rumores e as noticias e na
actualidade dirixe a súa propia axencia de comunicación, Sibilare.
Albert Cuesta é xornalista
especializado en electrónica de consumo e tecnoloxías da información e a
comunicación. Ademais das súa colaboracións con diversos medios de
comunicación, tamén exerce como profesor universitario e recibiu diversos recoñecementos
pola súa labor de divulgación.
Prioridades dos dominios
Na segunda parte da sesión cada un dos dominios
expuso a situación actual na que se atopa así como os planes para o resto deste ano e o 2024.
Cuestións como a
irrupción da intelixencia artificial, os cambios na lexislación europea e a
protección dos datos de usuarios foron algunhas das que ocuparon as discusións.
Tamén se trataron cuestións como a ciberseguridade, o traballo dos dominios
para conseguir unha rede máis segura ou as novas posibilidades de certificación
de identidade en liña.
No aspecto más
inmediato, comentouse a posibilidade de por en marcha algunha acción conxunta,
comercial ou de marca.
A reunión finalizou
tras un almorzo de traballo coa intención de retomar as tarefas comúns en
próximas ocasións.