Pursued, un novo xogo de balde para iPhone que destaca pola súa dificultade
martes, 12 de agosto do 2014
Tras a estrea en Google
Play a semana pasada, o segundo xogo para móbiles da editora galega Iberian
Games, Pursued, que presume de ser un
dos xogos máis difÃciles do mundo, está xa dispoñible para
a súa descarga de balde na App Store, polo que podemos gozar deste
complicado xogo dende un iPhone ou iPod Touch, para desesperar coa súa
dificultade baseada non control xestual e nuns niveis que, pese a ter uns
deseños minimalistas, teñen compoñentes de quebracabezas que fan que a
superación das súas 50 fases sexa algo máis que habilidade á hora de mover un
punto pola pantalla mentres evitamos a outros puntos inimigos e diferentes
obstáculo.
O xogo é completamente de balde e sen compras dentro da aplicación xa que está
financiado mediante a publicidade que integra, polo que é máis que recomendable
darlle unha oportunidade para comprobar se temos a destreza suficiente para
superar os seus niveis, sempre que sexamos quen de soportar a frustración como
acontece con outros xogos móbiles complicados como Flappy Bird, que fan da súa dificultade a súa principal virtude,
deixando a un lado outros factores técnicos. Para demostrar que é posible completar
o xogo con éxito, dende Iberian Games publicaron un vÃdeo no que podemos ver
como se superan os seus niveis: