Puzzle Bobble Journey recupera un clásico das recreativas
mércores, 23 de agosto do 2017
Esta semana os seareiros do xogo Puzzle Bobble, clásico dos recreativos que incluso tivo unha grande
presenza na TVG (xa que era a máquina recreativa que durante anos estaba
instalada do Bar SuÃzo da serie Pratos
Combinados), aledáronse enormemente porque Taito tivo o detalle de estrear
unha nova entrega da saga, Puzzle
Bobble Journey, que desta volta está dirixida a dispositivos móbiles,
podéndose mercar por
5,49 euros na App Store e en
Google Play.
O xogo mantén a súa mecánica clásica, que consiste en lanzar burbullas de cores
que desaparecen no caso de entrar en contacto con outras dúas da mesma cor,
sendo o obxectivo facer esbourar todas as burbullas presentes en pantalla
(aÃnda que nalgunha ocasión o obxectivo mudará para, por exemplo, instarnos a
superar unha puntuación en concreto). Puzzle
Bobble Journey inclúe máis de 270 niveis a superar (aÃnda que espérase que
lancen máis niveis que poderán mercarse dende dentro da aplicación) e presenta
unha actualización gráfica que permite que se vexa dignamente nas pantallas dos
smartphones e tabletas actuais.
VÃdeo promocional deste novo Puzzle Bobble Journey