Puzzle Bobble chega á Xbox 360

mércores, 30 de setembro do 2009 Marcus Fernández

O Bazar de Xbox LIVE estreou hoxe 3 xogos Arcade

O Bazar de Xbox LIVE foi hoxe toda unha festa de novidades no seu catálogo de xogos Arcade, estreando 3 títulos simultaneamente: Military Madness Nectaris (un título de estratexia por quendas), Football Genius – The Ultimate Quiz (un xogo con máis de 3.500 preguntas sobre fútbol) e PUZZLE BOBBLE Live! (actualización do popular xogo de burbullas que esbouran ao xuntarse máis de 3 da mesma cor e que arrasou no seu día en máquinas recreativas).
Cada un destes títulos están á venda por 800 puntos (9,6 euros), e especialmente o último podería ser todo un éxito coma contido descargable, por tirar proveito da nostalxia dos usuarios, á vez que garante horas de diversión coa súa mecánica de xogo tan sinxela como aditiva.

Puzzle Bobble adáptase á consola doméstica de Microsoft

PUBLICIDADE