Qualcomm anuncia modems 5G con velocidades de até 10 Gbps
mércores, 10 de febreiro do 2021
Dende Qualcomm queren deixar claro que son lÃderes na banda
larga móbil, e agora que a 5G está en plena expansión anuncian a cuarta
xeración de modems 5G que abrirán unha nova era da 5G, conseguindo velocidades
que multiplicarÃan por 100 ás das primeiras redes 4G e por 5.000 ás das
primeiras redes 3G.
Os
novos modems Snapdragon X65 serÃan os primeiros do mundo en acadar velocidades
de até 10 Gbps, o que abrirÃa moitas posibilidades para a banda larga móbil
para smartphones e ordenadores portátiles, pero tamén para dar conexión sen
fÃos a localizacións fixas (como alternativa ás redes de cable), para crear
redes privadas e para usos industriais baseados na Internet das Cousas.
Qualcomm tamén acompaña este lanzamento dun modem máis modesto, o Snapdragon
X62, que limita a súa velocidade máxima a 4,4 Gbps, que segue a ser unha
velocidade moi elevada, que abre moitos escenarios baseados no uso da 5G para dotar
dunha conectividade que até o momento só existÃan comercialmente en redes baseadas
en fibra óptica.
Qualcomm asegura que os modems Snapdragon X65 e X62 comezarán a estar presentes
en produtos comerciais a partir de finais do presente ano.