Qualcomm presenta avances no ámbito das lentes con IA

martes, 16 de xuño do 2026 Marcus Fernández

A finais do ano pasado Google presentou Project Aura, lentes desenvolvidas en colaboración con Xreal, que integran pantallas transparentes cun campo de visión de 70 graos que buscan superpor contidos sobre a realidade e que hoxe, no marco da Augmented World Expo, anunciaron que serían as primeiras lentes con cable en funcionar con Android XR e as plataforma Snapdragon Reality Elite.
Esta nova plataforma de Qualcomm será o motor dunha nova xeración de dispositivos de computación espacial, que facilitarán unha impresionante inmersión visual, unha integracións profunda da IA xenerativa integrada no dispositivo e unha eficiencia enerxética que darán pé á creación de produtos de realidade estendida máis potentes e lixeiros.
Pero as lentes Xreal Aura aínda tardarán en ser unha realidade comercial, confiándose en que saian á venda no outono, a un prezo inferior a 1.500 dólares (antes de impostos), abríndose xa o proceso de reserva para poder facerse cunha das primeiras unidades deste produto prometedor, pero claramente orientado a desenvolvedores e early adopters.
De cara a un público máis xeral Qualcomm presentou tamén Snapdragon START (Scalable Turnkey AI-Ready Toolkit), unha plataforma modular para levar as capacidades de computación e de intelixencia persoal a dispositivos persoais, xa que estes procesadores poden integrarse nunha peza de só 42,50 x 8.90 x 3,08 milímetros.
Falamos dunha tecnoloxía compacta dabondo para a súa integración nunhas lentes e, de feito, Qualcomm xa prevé a súa instalación en varios formatos das mesmas: sen pantalla, con pantalla LCOS para un ollo e con pantalla uLED para ambos ollos.
Para facer posible a integración desta tecnoloxía xa chegaron a acordos con varias marcas de lentes tradicionais, polo que poderiamos estar ante o comezo dunha explosión de produtos orientados a achegar unha relación cada vez máis estreita e persoal coa intelixencia artificial.

A plataforma Snapdragon Start posibilitará unha nova xeración de lentes con IA