R-Type Dimensions chega á Xbox 360

mércores, 4 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Posiblemente R-Type foi o mellor xogo de naves de desprazamento horizontal que chegou nunha ás máquinas recreativas, e aínda hoxe goza de moitos seguidores, polo que non sorprende que hoxe se incorporase a Xbox LIVE Arcade o novo xogo R-Type Dimensions, que é a fusión de R-Type e R-Type II nun único xogo con 14 fases infestadas de Bydos que presenta os gráficos orixinais do xogo xunto cunha versión actualizada con aparencia tridimensional (entre as que se pode conmutar con só premer o botón Y).
Cando se comeza a partida é posible xogar en modo clásico (con 3 vidas) ou en modo infinito (sen límite de vidas), de xeito que se adapta a usuarios tanto ocasionais coma hardcore. O prezo de venda deste título é de 1.200 puntos (14,40 euros) o que parece bastante axustado se tempo en conta que xa se venderon revisións do xogo creado 1987 en soporte físico para consolas como a PlayStation.

PUBLICIDADE