R acada unha cobertura na nosa terra do 80%
mércores, 10 de febreiro do 2021
A
empresa telefónica R mellora a cobertura dos seus servizos no
territorio galego até
chegar a unha taxa do 80%,
intensificando os traballos de mellora e subministro
da súa rede de fibra óptica durante os últimos meses, tras a alta
demandada dos cidadáns, empresas e concellos. Ao mesmo tempo,
completou os accesos directos á súa rede de última xeración, con
acordos para compartir infraestruturas con outros provedores.
Así,
un total de 1.200.000 fogares e negocios da comunidade galega poden
gozar dos servizos avanzados de R a través de fibra óptica.
Desa cifra, 1.010.000 residencias particulares e empresas de 143
localidades galegas están conectadas directamente á rede de R. Ao
remate de 2021, a empresa sumará arredor de 30.000 inmobles máis,
froito dos traballos do Plan Avanza e doutros fornecementos.
R
lembra
que “é
pioneira en Galicia no despregamento de fibra óptica” e desenvolve
dende hai máis de dúas décadas “traballos de obra civil e
canalización para achegar os seus servizos avanzados de
telecomunicacións ao maior número de persoas e empresas galegas”.
Desta forma, no último ano incorporáronse á rede da
operadora
133 novos concellos que tiñan limitacións importantes de
conectividade con fibra. Actualmente pódese falar de 275 concellos,
arredor dun 88 % dos 313 que conforman Galicia, que dispoñen dos
servizos de última xeración de R.
En
2018, a empresa resultou adxudicataria para despregar a tecnoloxía
FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñían de alta
velocidade ata o momento, as chamadas zonas brancas. Así, 32.000
novos fogares e negocios quedarán conectados ás redes de nova
xeración de R cando finalicen as actuacións adxudicadas ao operador
galego polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación
Dixital.
A
maiores, destacan as tarefas de extensión de redes avanzadas que R
desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do
Ministerio, co fin de achegar a tecnoloxía FTTH a diferentes zonas
brancas da xeografía galega, sobre todo, para conectar ás redes de
nova xeración nos negocios, cuxos servizos están en fase de
comercialización.
Cando
pechen os dous plans, a finais de 2021, preto de 65.000 novas
residencias particulares e empresas van quedar preparadas para
recibir os servizos avanzados de R. De feito, soamente no marco do
Plan Avanza, a empresa chegou por vez primeira coas súas redes de
nova xeración nos últimos 3 anos a núcleos galegos como Tomiño, O
Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis,
Cuntis, Meaño, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá,
Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla,
Muxía, Moraña, Guitiriz, Abegondo, Ribadumia, Combarro e Ponte
Caldelas.
Mentres,
a expansión de R continúa consolidándose a través da súa
cobertura de rede fixa e móbil naquelas zonas que ata o momento non
dispoñían de acceso aos seus produtos avanzados de
telecomunicacións. A oferta máis común que a empresa telefónica
ofrece é de ata 500 megas, televisión dixital multicanle, deco
Android 4k, Netflix e o servizo rebobina, ademais dun móbil R de
última xeración .