R e FEMXA establecen unha alianza para mellorar a competitividade e produtividade das empresas

mércores, 26 de maio do 2021 Sandra Rivadulla

R e FEMXA estableceron unha alianza para “mellorar a competitividade e produtividade das empresas”. Isto realizarase a través dunha estratexia de formación que favoreza en último termo unha maior motivación, desempeño e compromiso dos seus empregados/as.
Desta forma, as empresas poñen a disposición unha oferta formativa online e ata 100 % bonificábel, que inclúe propostas tecnolóxicas e solucións arredor de temáticas diversas: administración e xestión, comercio e mercadotecnia, idiomas, desenvolvemento de habilidades e competencias, informática e comunicacións ou seguridade e medio ambiente.
Os interesados no desenvolvemento de contidos formativos a medida contarán cun servizo de deseño e dixitalización a través do cal se realizará a virtualización de contidos corporativos estáticos a contidos totalmente interactivos, dinámicos e 100 % medíbeis.
En España, R e FEMXA lembran que a tendencia actual indica un aumento significativo na porcentaxe de profesionais que optou por formarse e que vén impulsado pola necesidade de empregados e empresas de adaptarse aos novos tempos, absorber coñecementos innovadores e de aprender sobre as novas tecnoloxías e ferramentas dixitais. Por iso, as ditas empresas amplían a súa rede de alianzas, co fin de entregarlles ás empresas clientes un modelo de formación práctica e accesíbel para todas as persoas, en calquera dispositivo.

PUBLICIDADE