REGZA Phone T-02D, un móbil resistente á augua e ao po cunha cámara de 13,1 Mpíxeles

martes, 24 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Este xoves Fujitsu vai comezar a vender no Xapón a través de NTT DoCoMo o seu novo móbil REGZA Phone T-02D, que supón un importante avance entre os terminais da compañía, coa tecnoloxía Mobile REGZA Engine 6.0 (que consegue unhas imaxes máis nítidas e con menos ruído) e unha pantalla NEW AMOLED Plus de 4,3 polgadas cunha resolución de 540 x 960 píxeles, aínda que un dos seus puntos fortes e a súa cámara traseira, que conta cun sensor CMOS de 13,1 Mpíxeles (mentres que a cámara frontal ten 1,3 Mpíxeles). Chegará en 3 cores (rosa, negro e azul) cun grosor de entre 9,9 e 10,4 milímetros e un peso de 139 gramos.
Este móbil cun procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz e 1 Gb de RAM coida moito a súas funcionalidades multimedia, contando con REGZA Link Share, o que permítelle conectarse a reprodutores de Blu-ray REGZA para reproducir programas de televisión gravados; e para rematar de conformar un móbil impresionante, conta con lector de pegadas dixitais, infravermellos, batería de 1.800 mAh e incluso é resistente a po e auga.
Por desgraza este terminal está deseñado para o mercado xaponés, polo que non é de agardar o seu lanzamento europeo, cando menos na súa configuración actual.

O novo móbil chegará ao mercado en 3 cores distintas

PUBLICIDADE