RTVE emitirá regularmente en 4K a partir do 15 de febreiro
luns, 24 de xullo do 2023
A Televisión
Dixital Terrestre (TDT) leva bastante tempo adiando a súa transformación
tecnolóxica, para adaptarse ás novas resolucións, pero semella que finalmente o
ano que vén veremos a súa agardada actualización, consolidando a alta
definición en incluso abrindo a porta ao 4K.
Temos asà que o Consello de Administración da Corporación RTVE aprobou
que o 15 de febreiro de 2024 iniciarán as emisións regulares en Ultra Alta Definición
(UHD) na TDT en aberto, data na que tamén realizarán o apagamento das
canles en definición estándar.
Televisión Española xa leva tempo realizando probas de emisión en 4K en HDR e
con Dolby Atmos, calidades coa que emitira os partidos do Mundial de fútbol de
Catar, e aÃnda que até o 14 de febreiro de 2024 continuará a realizar as
probas, será o vindeiro 15 de febreiro cando pasará a emitir regularmente no
múltiple RGE2, ocupando asà a capacidade que ten asignada RTVE nese múltiple
segundo o Plan Técnico Nacional de TDT.