Ratchet & Clank: All 4 One sairá o 19 de outubro

venres, 20 de maio do 2011 Marcus Fernández

Con bastante antelación, Insomniac Games e Sony Computer Entertainment Europa presentan oficialmente a carátula que terá o xogo Ratchet & Clank: All 4 One, que estará dispoñible en toda Europa a partir do vindeiro 19 de outubro, que incluirá contidos descargables de balde no caso de reservarse (cambiando estes contidos segundo a tenda na que se realice a compra do xogo).
Este novo xogo permitirá o uso non só dos habituais Ratchet, Clank e o Capitán Qwark, senón que o malvado Dr. Nefarious verase forzado a unirse ao grupo de heroes tras o fracaso dun dos seus maléficos plans.
Ratchet & Clank: All 4 One orientarase principalmente ao seu modo cooperativo (afastándose lixeiramente do que estamos afeitos nesta saga) e será o segundo título de Insomniac Games para o que resta de ano (en setembro lanzarán Resistance 3).

JPEG - 155 KB
A carátula do novo xogo de Ratchet & Clank

PUBLICIDADE