Ratchet & Clank: Nexus para PS3 sairá á venda o 14 de novembro

xoves, 3 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Os seareiros das aventuras de Ratchet & Clank están de parabéns, pois confírmase que a saba de Insomniac terá unha entrega totalmente nova o vindeiro 14 de novembro, data na que porase á venda Ratchet & Clank: Nexus, tanto en tendas físicas como mediante descarga. Este novo xogo será o epílogo dos xogos de Future (Armados hasta los dientes, En busca del tesoro e Atrapados en el tiempo), cunha nova historia, un novo arsenal e novos trebellos, vendéndose a un prezo de só 29,99 euros.
O prezo reducido deste xogo de PlayStation 3 deixa claro que estamos ante un título menor, non por calidade, senón por ofrecer unha historia máis curta, que o que pretende é pechar o ciclo desta franquía na PS3, presentándose como “un relato épico en miniatura”.

O novo xogo incluirá unha nova historia, un novo arsenal e novos trebellos.


Divertida reportaxe sobre a creación do xogo que emula estar gravada nunha cinta VHS

PUBLICIDADE