Rato USB con impresora de etiquetas
luns, 5 de novembro do 2007
As impresoras térmicas de etiquetas de Dymo son
todo un clásico nas oficinas que vén de fusionarse cun rato informático creando
unha das converxencias máis curiosas dos últimos tempos.
Este
dispositivo de Casio é un rato USB que inclúe unha impresora de etiquetas térmicas
autocolantes, que se emprega mediante unha aplicación informática incluída
que permite o uso de calquera tipografía TrueType instalada no ordenador (non
tendo que limitarse á tipografía fixa como nas impresoras Dymo) de xeito que
poidamos etiquetar de xeito cómodo, doado e elegante dende cintas de vídeo ata
cartafoles.
As etiquetas desta curiosa impresora térmica pode ter un ancho máximo de 8 mm e unha lonxitude máxima
de 50 mm.
Mide 44 x 70 x 128 mm,
pesa 184 gramos
e se vende a
través da Internet por 29 dólares (20,04 euros).