Razer comercializa unha mochila para transportar con seguridade o portátil e os seus accesorios
venres, 12 de decembro do 2014
Para os usuarios que queren cargar co seu ordenador portátil
e numerosos accesorios, podendo manter todos estes trebellos seguros, o
fabricante especializado en hardware para gamers,
Razer, está a comercializar a
súa mochila táctica, un produto
fabricado en nailon balÃstico 1680D, cun exterior resistente ao desgaste e á
auga, cun interior a proba de rabuñaduras, correas e costas acolchadas, fibela
axustable ao peito, 2 grandes compartimentos interiores, división interior para
un portátil de até 15 polgadas, soporte para auriculares, numerosos petos
exteriores para accesorios e incluso un compartimento de peto inferior oculto
con cuberta protectora a proba de auga.
A calidade da Razer
Tactical Bag parece innegable, achegando unha resistencia de nivel militar
aos nosos dispositivos informáticos durante os desprazamentos, aÃnda que por
desgraza tal acabado ten un prezo que o afasta de moitos petos, xa que este
produto véndese
en España por 129,99 euros (con portes de balde) e esta dispoñible dende
hoxe mesmo.
- A mochila de Razer é ideal para protexer o ordenador portátil durante os desprazamentos