Realme aposta por un deseño coidado nos seus novos móbiles de gama media
martes, 20 de xuño do 2023
O fabricante
chinés Realme vén de lanzar un par de móbiles de gama media moi atractivos, cun
deseño moi coidado e unhas prestacións bastante elevadas, que xogarán un rol
moi importante para conseguir facerse cun oco nun mercado moi saturado.
O Realme 11 Pro 5G é móbil
cun potente procesador MediaTek Dimensity 7050 5G, unha impresionante pantalla
AMOLED de 6,7 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz e bordes curvos,
8/12 GB de RAM, 128/256 GB de almacenamento interno, batería de 5.000 mAh con
carga rápida de 67 watts, cámara traseira dual cun sensor principal de 100
Mpíxeles, cámara frontal de 16 Mpíxeles, altofalantes duais con compatibilidade
con Dolby Atmos, lector de impresións dixitais en pantalla, NFC e, como detalle
significativo, un acabado en polipel, que fai que teñamos a impresión de estar
ante un dispositivo de alta gama, o que sorprende se temos en conta que o seu
modelo máis básico pode conseguir por 339,99 euros en Amazon.
Para quen queira un móbil máis completo estaría o Realma 11 Pro+ 5G, que
comparte deseño, pero que permite levar o seu almacenamento interno até os 512
GB, a súa cámara traseira principal chega até os 200 Mpíxeles, a súa cámara
frontal é de 32 Mpíxeles, e a súa carga rápida chega até os 100 watts (cargaría
completamente en 26 minutos), melloras que non teñen un incremento de custo moi
elevado, xa que o modelo con 12 GB de RAM e 512 GB de almacenamento interno pódese
mercar en Amazon por 469,99 euros.
Ambos móbiles poden incrementar o seu prezo o mes que vén, xa que benefícianse dunha
promoción de lanzamento, pero en calquera caso estamos ante dispositivos moi
completos, que buscan chegar ao público cun prezo contido e un deseño moi
coidado.
- O Realme 11 Pro+ 5G destaca pola súa cámara traseira de 200 Mpíxeles