Realme apunta á alta gama cos seus prezos agresivos
martes, 15 de outubro do 2019
En
xuño desembarcou no noso mercado a marca Realme, considerada o selo económico
de Oppo, co
atractivo Realme 3 Pro, que ofrece unhas grandes prestacións e elegante
deseño por un prezo que parte dos 199 euros, e agora amplÃa o seu catálogo co Realme X2 Pro, un
dispositivo moito máis ambicioso, que parte dun prezo de 399 euros, e que busca
competir con dispositivos de alta gama con prezos agresivos.
O Realme X2 Pro funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 855+, até 12 GB de
RAM LPDDR4X e 256 GB de almacenamento UFS 3.0, pantalla Super AMOLED Full HD+
cunha velocidade de refresco de 90 Hz e HDR10+, altofalantes estéreo Dolby
Atmos, cámara cuádrupla de 64 MpÃxeles con zoom hÃbrido de 20x (e óptico
hÃbrido de 5x), NFC e baterÃa de 4.000 mAh con carga SuperVOOC de 50 watts (capaz
de cargar completamente en 35 minutos), prestacións que en conxunto situarÃanse
por enriba dos teléfonos insignia da meirande parte de fabricantes. Tamén
presume dun motor táctil omnidireccional e dunha cámara de vapor para manter
unha boa temperatura durante longas sesións de uso.
Este impresionante teléfono chega a España a un prezo de 399 euros con 6 GB de
RAM e 64 GB de almacenamento; de 449 euros con 8 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento; e de 499 euros con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento.
- A marca Realme destaca por grandes prestacións e elegante deseño a prezos axustados