Realme lanza un par de móbiles e unha tableta
venres, 13 de maio do 2022
Esta semana Realme presentou varios dispositivos chamados a
ser supervendas nos vindeiros meses, ocupando un lugar destacado no seu
catálogo pola súa boa relación entre especificacións e prezo, e por adaptarse
bastante ben á demanda actual do mercado, un dos elementos que provocou que
esta marca fose a de maior crecemento en España no primeiro trimestre do ano.
Un dos móbiles que promete vender moi ben nos vindeiros meses é o Realme 9 5G, equipado cun
procesador Qualcomm Snapdragon 695 5G, 4GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento,
pantalla Full HD+ de 6,6 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz,
cámara traseira tripla cun sensor principal de 50 MpÃxeles, cámara frontal de 16
MpÃxeles, lector de impresións dixitais lateral, lector de tarxetas microSD, conector
para auriculares, baterÃa de 5.000 mAh con carga rápida de 18 watts e un prezo que
parte dos 279,99 euros, polo que pode axustarse a moitos usuarios que buscan un
móbil preparado para a 5G sen realizar un grande investimento.
VÃdeo promocional do Realme 9 5G
Para usuarios máis esixentes, pero que poidan prescindir da 5G, terÃamos o Realme 9, que manterÃa a mesma
estética, pero cunha configuración bastante diferente, xa que se conforma cun
procesador Qualcomm Snapdragon 680 e pantalla Super AMOLED de 6,5 polgadas
cunha velocidade de refresco de 90 Hz, detalles que permÃtenlle equilibrar un
terminal que destaca por noutros apartados, como serÃan os seus 6 GB de RAM, a
súa cámara traseira tripla cun sensor principal de 108 MpÃxeles e a súa baterÃa
de 5.000 mAh con carga rápida de 33 watts. O seu prezo de partida oficial é de
299,99 euros.
VÃdeo promocional do Realme 9
Pero a grande sorpresa entre os novos produtos de Realme é, sen dúbida, a
tableta Realme Pad Mini,
que chega cunha pantalla de 8,7 polgadas, procesador Unisoc T616, 64 GB de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de até 1 TB), cámara traseira
de 8 MpÃxeles, cámara frontal de 5 MpÃxeles, baterÃa de 6.400 mAh con carga
rápida de 18 watts, un grosor de 7,59 milÃmetros e 372 gramos de peso, combinación
que sumada aos 179,99 euros do seu prezo oficial (que no seu lanzamento contou cun desconto de 20 euros) pode converter a este produto
nun dos grandes éxitos de Realme de cara ao verán, xa que as tabletas de
pequeno tamaño teñen o seu público, e poucos están dispostos a pagar os 549
euros que custa o iPad mini de 64 GB.
VÃdeo promocional do Realme Pad Mini