Realme presenta novos auriculares sen fÃos con cancelación de ruÃdo
mércores, 24 de febreiro do 2021
Realme continúa a ampliar o seu catálogo de accesorios,
lanzando agora os Realme Buds Air
2, uns auriculares sen fÃos con cancelación de ruÃdo activa, resistencia
IPX5 (de xeito que non corren risco coa suor) e un prezo de só 3.299 rupias
(37,49 euros), de xeito que son un dos produtos deste tipo máis atractivos comercializado
baixo unha marca recoñecida.
Estes auriculares sen fÃos son moi completos, ofrecendo até 25 horas de
autonomÃa total grazas ao seu estoxo de carga (achegando até 120 minutos de
reprodución musical con só 10 minutos de carga), integrando dobre micrófono
para permitir chamadas de voz claras, conectividade Bluetooth 5.2 e modo
especial para videoxogos co que reduce a latencia até 88 milisegundos, un peso
de só 4,1 gramos por auricular, compatibilidade co sistema de emparellado
rápido de Google, detección de uso (pausa a reprodución de xeito automático se
quitamos os auriculares (sen quitamos só 1, o outro ponse en modo transparencia
para que poidamos escoitar ben o noso contorno) e controis táctiles.
Estes auriculares son unha grande opción para usuarios que usan con frecuencia
medios de transporte públicos, xa que a cancelación de ruÃdo permite eliminar
boa parte do ruÃdo ambiental, facilitando a inmersión na música, aÃnda que
tamén hai moitos usuarios que gustan desta tecnoloxÃa para mellorar a
concentración traballando no fogar ou na oficina, e poder gozar desta tecnoloxÃa
sen ter que gastar máis de 100 euros é de agradecer. Queda agora por saber
cando chegarán estes auriculares ao mercado español.