Realme renova os seus auriculares sen fÃos reducindo o seu prezo
luns, 25 de maio do 2020
Os Realme Buds Air son uns auriculares sen fÃos que ben
podiamos describir como unha copia dos AirPods de Apple, que conseguiron moi boas
vendas en mercados como o da India, de aà que non sorprenda que xa teñan
sucesores, os Realme Buds
Air Neo, que venderanse a un
prezo de só 2.999 rupias (36 euros), o que supón unha baixada de prezo dun
25%, polo que o seu prezo en España poderÃa estar moi preto dos 50 euros.
Estes novos auriculares contan coa función Google Fast Pair, que permite emparellar
con móbiles compatibles case ao instante por Bluetooth 5.0; teñen unha
autonomÃa de 3 horas de reprodución que poden ampliarse até as 17 horas co seu
estoxo de carga; conta con control táctil (para a reprodución musical, as
chamadas e a invocación do Asistente de Google); e presume especialmente de ter
un modo de latencia moi baixa (de 119,2 milisegundos) para poder gozar de videoxogos
sen padecer unha grande desincronización do son. Cada un destes auriculares só
pesa 4,1 gramos e ten resistencia IPX4, polo que son un produto máis que apto
para un uso diario e incluso para a práctica deportiva. Os auriculares estarán
dispoñibles en cor branca, verde e vermella.