Realme trae a España os seus móbiles máis potentes e coa carga máis rápida
mércores, 8 de xuño do 2022
AÃnda que Realme é un fabricante popular polos seus móbiles
económicos, non quere quedar aÃ, e trae a España os smartphones Realme GT Neo 3
e GT Neo 3T, que presumen de grandes prestacións e baterÃas con carga rápida a
prezos relativamente axustados.
O smartphone máis económico serÃa o Realme GT Neo 3T, que
terÃa un prezo promocional de lanzamento de 399,99 euros, o que está bastante
ben para un dispositivo cun procesador Qualcomm Snapdragon 870 5G e baterÃa de
5.000 mAh con carga rápida SuperDart de 80 watts (capaz de completar a metade
da súa carga en só 12 minutos). Este móbil cun deseño de raias de carreiras e
pantalla AMOLED de 120 Hz está equipado con 8 GB de RAM, cámara traseira tripla
cun sensor principal de 64 MpÃxeles e cámara frontal de 16 MpÃxeles, asà como
NFC para pagamentos e altofalantes estéreo para unha boa experiencia sonora.
En
definitiva, un produto moi competente, cun prezo que o deixa ao alcance dun
público bastante amplo que busca un móbil con prestacións de alta gama pero non
quere facer un grande investimento económico.
Curiosamente o Realme GT Neo 3T tamén está dispoñible nunha Dragon
Ball Z Edition, cun prezo de 499,99 euros, e que basicamente é o mesmo
móbil, pero mudando a súa aparencia (en carcasa e software) para homenaxear á
serie de animación de As Bólas Máxicas, polo que será un produto ideal
para os seareiros das aventuras de Son Goku.
Por outra banda, os usuarios máis esixentes poden facerse co Realme GT Neo 3, que
ten un prezo promocional de lanzamento de 549,99 euros, que co seu procesador
MediaTek Dimensity 8100 achega unha grande potencia e conectividade 5G, presumindo
tamén de baterÃa con carga rápida SuperDart de 80 watts e pantalla AMOLED de
120 Hz, pero destacando por ter até 12 GB de RAM e polo seu sensor de imaxe
Sony IMX766 OIS, ou sexa, que é capaz de disparar fotografÃas cunha calidade
coa que rivaliza con móbiles de prezos moi superiores.
Como curiosidade, por 649,99 euros (prezo promocional para a versión con 12 GB
de RAM e 256 GB de almacenamento) está tamén dispoñible unha variante deste
móbil con carga rápida de 150 watts, ou sexa, coa carga máis rápida do mundo,
de xeito que poderÃa completar a metade da súa capacidade de carga en só 5
minutos.
En calquera caso estamos ante móbiles moi completos e competentes, que como
principal problema comercial teñen un rango de prezo ao que os usuarios non
están afeitos para esta marca, aÃnda que vendo os prezos que teñen actualmente
os Realme GT Neo 2, podemos entender que serán uns móbiles que gañarán moita
popularidade en funcións das súas baixadas de prezo e promocións, xa que
tecnicamente son moi completos.