Receptor de GPS 4 en 1

xoves, 28 de maio do 2009 Marcus Fernández

Os dispositivos con recepción de GPS permiten posibilidades que hai uns anos non podiamos imaxinar, pero cada vez están máis preto de nós grazas principalmente ao abaratamento dos prezos dos produtos que explotan esta tecnoloxía, coma un curioso dispositivo de fabricación chinesa que actúa coma un GPS 4 en 1, pois no mesmo trebello integra un receptor de GPS, un localizador de posicións, un rexistro de localizacións e un etiquetador de fotografías por só 38,83 euros.
Deste xeito, ao conectar o dispositivo a un PC teriamos un receptor GPS do que poderiamos tirar proveito dende distintas aplicacións, o que resulta interesante para usuarios móbiles, pero cando levamos o trebello con nós, podemos utilizalo, por exemplo, para atopar o noso coche nun grande aparcadoiro ou a nosa tenda de campaña, de xeito que se prememos durante un par de segundos o botón do dispositivo, este rexistra a nosa localización e logo apunta a ela cando nos afastamos, coma se fose un compás que toma coma norte o noso campamento base.
Aparte, o receptor de GPS tamén garda na súa memoria interna os lugares polos que nos movemos, o que podemos empregar para despois representar as nosas rutas en Google Maps, Google Earth e outras aplicacións e incluso sincronizalas coas fotografías que tomemos, para poder marcar nas mesmas a posición na que se tomaron (información que aproveitan servizos coma Flickr.

PUBLICIDADE