Receptor de radio HD a un prezo económico
luns, 13 de xullo do 2009
A radio dixital en Europa está
a ter moitos problemas para implantarse, pero nos EE.UU. está a avanzar cunha
tecnoloxía alternativa chamada radio HD (un híbrido entre analóxico e dixital)
que polo momento ten como principal atranco o prezo dos receptores, o que vai
camiño de solucionarse, e aparte de saír en breve o Zune HD (reprodutor
multimedia de Microsoft con soporte deste tipo de radio) tamén chega ás tendas
o Insignia
NS-HD01, receptor de radio HD que ten un prezo de só 49,99 dólares (35,71
euros) e serve tanto para recibir as novas emisións dixitais como as clásicas
emisoras en FM, contando con 10 memorias para almacenar as nosas emisoras
favoritas.
Este receptor conta cunha batería recargable a través dun conector mini-USB e
que achégalle unha autonomía de 10 horas. Ten unha pantalla de 1,5 polgadas (na
que pode lerse a emisora de radio, a canción e o seu intérprete que se escoita
a cada momento), 9 botóns de control e conector para auriculares de 3,5
milímetros.