Recoñecen a New York Crimes como o Xogo do Ano no Gamelab

venres, 29 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Dentro da grande feira do videoxogo celebrada en España, o Gamelab 2012, a Academia Española das Artes e das Ciencias Interactivas fixo entrega dos seus Premios Nacionais á Industria do Videoxogos na Sala Arteria Paral-lel de Barcelona nos que, aparte dos recoñecementos por categorías, tamén se entregaron premios destacados: un Premio de Honra para Kazunori Yamauchi, director de Polyphony Digital e creador da saga Gran Turismo, e un Premio de Lenda para Hironobu Sakaguchi, fundador de Mystwalker e considerado como o pai das fantasías de rol grazas á saga Final Fantasy.

O traballo de Hironobu Sakaguchi en Final Fantasy recoñeceuse cun Premio de Lenda

Nesta gala recoñeceuse como mellor xogo do ano a New York Crimes (coñecido internacionalmente como Yesterday, e que hai poucos días estreou versión para iOS). No resto de categorías entregáronse os seguintes galardóns:

Mellor Tecnoloxía: Reality Fighters (Novarama)
Mellor Son: Freak Wars (Torrente 2) de Virtual Toys
Mellor Música Orixinal: New York Crimes de Pendulo Studios
Mellor Animación: Las aventuras de Tintín de Ubisoft Barcelona
Mellor Dirección Artística: New York Crimes
Mellor Proxecto Universitario: Forgotten Kodama: The Seed of Life
Mellor Produción Novel: Zack Zero (Crocodile Entertainment)
Mellor Deseño de Xogo: Afterzoom
Mellor Xogo para Navegadores: Desafío Champions de Kotoc
Mellor Xogo para Redes Sociais: Social Wars, de Social Point
Mellor Xogo para Dispositivos Móbiles: Supermagical
Mellor Xogo para Consolas Portátiles: Reality Fighters
Mellor Xogo para PC: New York Crimes
Mellor Xogo de Consola de sobremesa: Zack Zero
Premio da Prensa: The Mystery Team
Premo do público: UNEPIC
Mellor Labor de Produción: SCE España (María López)
O creador de Gran Turismo recibiu un Premio de Honra

PUBLICIDADE