Recoñecen a Tele2 Comunitel como unha das 5 operadoras máis importantes de España

venres, 1 de decembro do 2006 Marcus Fernández

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións realiza dende hai anos unha clasificación cos 5 principais operadores en España, formado por Telefónica, ONO, France Télécom, Euskaltel e, ata hai pouco Jazztel, empresa que vén de caer da listaxe, desbancada por Tele2 Comunitel.
Así, a operadora con domicilio social en Vigo conta co estatus de operador principal de telefonía fíxa grazas ó “traballo de tódalas persoas que forman parte da compañía” que actualmente ofrece solucións globais tanto de telefonía coma de datos, Internet, telefonía IP e outros servizos de valor engadido.

PUBLICIDADE