Reconstrúen virtualmente Roma no ano 320

martes, 12 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Tras 10 anos de traballo, un equipo de arquitectos, informáticos e arqueólogos da UCLA, a Politécnica de Milán e a Universidade de Virginia reconstruíu a antiga cidade de Roma de xeito que se pode percorrer nun modelo tridimensional que nos sitúa no ano 320.
Así, visitar o Coliseo, pasear polo Foro Romano ou ver o edificio do Senado son actividades que poden se poden desenvolver coa axuda dun ordenador, o que se converte nunha ferramenta atractiva para o mundo educativo.
A reconstrución tridimensional de Roma que se pode percorrer en tempo real responde ó nome de Rome Reborn 1.0 e sitúa ó usuario na época do Emperador Constantino o Grande, permitindo ver 30 dos edificios máis representativos en alta definición (ou sexa, que se poden visitar detalladamente) ós que hai que engadir outras 10.000 construcións.
Os responsables do proxecto aseguran que esta versión 1.0 é só un comezo, agardando futuros estudantes poidan reconstruír edificios coma o Panteón que aínda non están modelados con detalle. Ademais tamén agardan aproveitar o proxecto actual para usos turísticos.
Velaquí unha mostra do que se pode ver grazas ó proxecto Rome Reborn 1.0:

PUBLICIDADE